Hai moitos moitos anos os romanos lograron conquistar Galicia, e non sabían a sorte que tiveron ata que descubriron a gran fortuna que escondían as montañas, o chan e as augas deste lugar.
Atoparon grandes cantidades de ouro dende As Médulas ata A Cubela, dous pobos conectados polo famoso río Sil. Algunhas investigacións din que os romanos lograron trasladar enormes fortunas de ouro á cidade de Roma, e que todo este tesouro foi clave para a economía romana.
No espazo que divide a estes dous pobos atópase o pobo de Quioga e o de Ribas de Sil, os dos lugares nos que os romanos conseguiron as maiores cantidades de ouro.
Empregábanse diferentes sistemas para obter o ouro:
1. Botaban grandes cantidades de auga sobre o terreo para facer un buraco e descubrir o ouro enterrado.
2. Desviaban ríos para coller o ouro que estaba no fondo das augas.
3. Facían grandes túneles suterráneos.
4. Buscaban pepitas de ouro que flotaban nas augas do río Sil.
Hoxe en día, quedan sinais de túneles e de desvíos de ríos feitos naquela época, en especial no municipio de Quiroga. Ademais, nas augas do río Sil todavía se poden atopar pequenas cantidades de ouro.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
FONTES DA INFORMACIÓN:
Rodríguez, L. A. (11 de marzo del 2012). Oro quirogués para la Roma imperial [Mensaje en un blog]. ElProgreso. Recuperado de https://www.elprogreso.es/articulo/noticias/oro-quirogues-para-la-roma-imperial/20120311124100250960.html
Rueda, C. Túnel Romano en A Moá Ribas do Sil. Recuperado de: http://jrcasan.com/rutasc/oro/tunel_romano.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario